jueves, 18 de junio de 2009

Un pouco de virtuosismo vocal

Aqui tendes a Diana Damrau interpretando unha das arias de ópera mais espectaculares do repertorio clásico. A peza e coñecida como "Aria da Raiña da Noite", e pertence á ópera "A frauta máxica" de Mozart. Mozart escribiu e estreou esta ópera en 1791, o mesmo ano da sua morte. NA escena que vemos, a Raiña da Noite (que ven sendo "a mala") bótalle unha tremenda reprimenda a sua filla, Pamina (a "rapaza boa") para intentar obrigala a que mate a Sarastro...




O papel da raiña da noite está interpretado por Diana Damrau, unha prestixiosa sopranoque interpretou este papel en ata 15 montaxes distintas desta mesma ópera coas orquestras e directores mais prestixiosos do mundo.

Concerto Fin de Curso, alumnos de Bacharelato.

O pasado 26 de Maio celebramos no salón de actos do María Soliño un concerto fin de curso no que participaron los alumnos de música de 1º de Bacharelato da profesora Elena Moure e os de música de 2º do profesor Xulio Abal. Todos xuntos interpretaron un repertorio común que fora montado e ensaiado por separado en cada grupo durante o curso, e posto en común durante 3 ensaios previos á actuación. Aqui tendes unha foto do concerto:



Os temas interpretados foron unha seleccion de temas que incluían "standards" como Heart & Soul ou Stand by me, temas de películas como Raindrops keep falling on my head o Summer Nights, ou incluso algún tema antigo como Greensleeves.

Proxecto Orquestral en Cangas

Cangas ven de presentar o pasado 15 de maio o seu primeiro proxecto orquestral sinfónico, integrado por ate 42 músicos alumnos do conservatorio da nosa vila, baixo a dirección do mestre Alberto González Avilés.Este grupo presentou polo momento 2 actuacións con grande éxito de público en Cangas e Pontevedra.



Entre os integrantes desta nova orquestra, congratulámonos de que figuren algúns dos alumnos do Maria Soliño que cursan estudios no citado conservatorio, entre eles:

Rebeca Lucía Obenza - Violín
Gaila Fernández - Viola
Antón Campos - Contrabaixo
Claudia Martínez - Trompa
Nicolás Martínez - Percusión

¡Unha grande aperta a todos eles e moita sorte no voso proxecto!

O mais completo dos instrumentos: A voz.

Comezamos os contidos desde blog cun video que mostra que realmente para facer música de calidade non fai falta gran cousa... basta coa voz.



VOCA PEOPLE é un grupo de orixe israelita, composto por 3 cantantes femininas, tres cantantes masculinos e dous especialistas en beatbox, que se encargan dos éfectos e da rítmica. Os seus espectáculos son totalmente A CAPELLA, é dicir, non utilizan outra cousa que non sexa a voz.

lunes, 15 de junio de 2009

Benvidos ó blogue

Benvidos ó novo blogue do Departamento de música do IES Maria Soliño de Cangas. Agardamos que este blogue vos sexa útil tanto para facilitarvos a aprendizaxe daqueles temas que tratamos no aula como para que poidades abrir expandir ás vosas perspectivas musicais e poidades acceder a aspectos do mundo da música que non soen aparecer nos medios de comunicación ordinarios.

Eiqui poderedes atopar enlaces a páxinas interesantes sobre ó mundo da música, artigos sobre músicos, instrumentos ou case calquera cousa do mundo da música, videos e por suposto referencias e enlaces a toda actividade musical da zona de Cangas.

Esperamos asimesmo a vosa colaboración en forma de artigos, links, comentarios, suxerencias, etc...

calquera suxerencia ou comentario podedes dirixilo a musicamariasolino@gmail.com

Unha aperta!